16.12.08

tod@s somos inmigrantes


O 18 de Novembro é o Día Mundial das Migracións. En vieiros fálannos das inciativas do Foro Galego da Inmigración para esta xornada.

1.12.08

princesa de áfrica 3


E hoxe, no EPS, umha reportaxe sobre o documental e unha das súas protagonistas: yo, mi marido y sus otras mujeres. para debater a poligamia.

26.11.08

princesa de áfrica 2

Acompañando ao trailer do documental Princesa de África, circula polo youtube este vídeo animado do caderno de viaxe debuxado por Raúl Sánchez Muñoz, e que tamén merece espazo propio:


princesa de áfrica 1

Chegou a nós, a través de díxome díxome, a nova de que anda polo mundo um documental do que poderíamos gustar: Princesa de África. conta a historia dunha rapaza senegalesa de 14 anos, Marem, que quere ser bailarina, e a de Sonia, umha muller española, bailarina atraída pola maxia africana. Ambas fican unidas por PapNdiayé, pai de Marem, home de Sonia.
Pero nin África nin España son o que parecen...
O documental combina, como se pode ver na páxina web, música, debuxos e imaxes reais, dando lugar a un conxunto moi chamativo.
Se o documental é da calidade deste trailer, é digno de ver en todas as clases, en todas as casas:


20.10.08

Un galego por África



No xornal A nosa terra, encontramos unha breve entrevista a Xaquín López, reporteiro galego que ven de publicar un libro sobre o tráfico de nenos escravos en África: "Las fronteras se cruzan de noche".

8.10.08

e ti que cantas?




Unha das actividades realizadas o ano pasado tivo por protagonista a música e a lingua inglesa. O alunado de segundo descubriu o mundo dos instrumentos tradicionais senegaleses desde o inglés; despois tivo que preparar umha presentacións dos instrumentos tradicionais galegos para lles enviar aos compañeiros do CEM HANN.
Entre leitura e escritura, escoitamos unha canción africana.

volvemos!!


O grupo valora volve ás andadas co comezo de curso. Xa temos pensadas novidades que vos iremos contando aquí. Porén, imos amodiño, porque estamos contaxiadas do ritmo africano e en Dakar non comezan a escola até Outubro.