4.5.08

Dúas Áfricas no fin de semana...




Na prensa desta fin de semana duas reportaxes sobre dúas Áfricas: no EPS, suplemento dominical do El País, unha sobre unha misión relixiosa en Serra Leoa, o país mais pobre de África; no Magazine, suplemento do Faro de Vigo, unha sobre a importancia da música no Senegal. As dúas interesantes; as dúas complementarias; as dúas desde mañá na biblioteca do IES.

28.4.08

Alunado do CEM HANN danza para nós


Os nosos compañeiros do Cem Hamm, veñen de enviarnos este video no que alumnado do centro executa unha danza zulú. A calidade non é a mellor, pero nós gostamos moito do presente. A ver que lles enviamos nós agora...

25.4.08

Día Internacional da Loita contra a Malaria

Soubemos polo xornal El País que hoxe é o Día Internacional de Loita contra a Malaria. Na web do xornal, podemos ver un vídeo explicativo do ciclo desta enfermidade.

22.4.08

xornais do mundo


Na biblioteca do centro está aberta unha exposición sobre XORNAIS DO MUNDO. Por suposto, quen a visite, pode botar unha ollada a un par de xornais senegaleses. Tamén hai un par deles do seu país viciño, Guiné Bissau. África está representada.

20.4.08

cinema nas aulas



No portal edualter están dispoñíbeis guías didácticas sobre películas desde as que podemos traballar temas e valores ligados aos obxectivos do noso programa:
Falounos Amancio de outra película de interese para nós, Días de Gloria, de Rachid Bouchareb. Conta a historia de catro amigos senegaleses que van loitar á primeira guerra mundial co exército francés. O seu autor é o mesmo de Little Senegal, que conta da visita que un senegalés fai á súa familia americana. De Martin Pawley chegounos a suxerencia de visionar algunha obra de Djibril Diop Mambéty. Como non encontro guía didáctica para ningunha delas, teremos que facela nós: aquí temos unha axuda.
Eis os trailers dalgunha das películas:







12.4.08

cooperación?

Elroto é un dos debuxantes do diario El País. As súas viñetas diarias son un golpe de ironía dado directamente nas nosas consciencias. A de hoxe ten que ver co noso proxecto.

11.4.08

Binta e a Grande Idea


Binta e a Grande Idea e unha curtametraxe elaborada por Javier Fesser, en Casamance no sur de Senegal. Esta é unha das 5 historias que compoñen a pelicula "En el mundo a cada rato", producción de TUS OJOS e Pendelton, cuios beneficios están destinados a programas de UNICEF.
Cando descubrimos esta curtametraxe pareceunos imprescindible introducila como unha das actividades iniciais do noso proxecto. Acompañamola dun cuestionario no que o alumnado faría unha valoración do que se mostra sobre Senegal e as súas xentes.
Estamos moi contentos de poder disfrutar desta maravilla cinematográfica na que a través dos ollos dunha nena, Binta; de 7 anos e o seu pai, unha mostra exemplar da humanidade dos africanos, nos levan nunha maravillosa viaxe por este pequeno pobo e as suas xentes, ata unha realidade cotiá das xentes de Africa, a sua visión positiva do mundo e a preocupación pola perda de valores e consecuencias do desenvolvemento das nosas sociedades.
En realidade todos estamos convencidos de que o pai de Binta ten unha grande idea ao pensar que un "toubab", un blanquito europeo, podería aprender moitas cousas en África...