6.3.08

O xiro postal


Unha das accións prevista dentro do noso Proxecto Valora é dotar á Biblioteca Escolar dunha sección temática sobre a África. Estamos a facer as primeiras compras, que vos iremos presentando neste espazo pouco a pouco.
Por agora as publicacións adquiridas están na sá de profesorado a previa disposición das docentes do centro, por ver se estes materiais nos inspiran actividades para as aulas. Despois pasarán a disposición de toda a comunidade educativa do IES.
Hoxe convidamosvos a coñecer O Xiro Postal, unha moi breve noveliña do senegalés Ousmane Sembène. Conta as desventuras, voltas e reviravoltas que pasa o protagonista, un home procedente dun barrio humilde de Dakar, para cobrar xiro postal que un sobriño lle envía de París. Unha reflexión sobre as dificultades das persoas pobres e analfabetas para poder facer as cousas máis simples da vida cotiá.
Ousmane Sembène, o autor, é protagonista dunha vida que nos podería servir de exemplo a moitas persoas. A noveliña conta cun epílogo de Martin Pawley no que nos achega á súa figura. Aí sabemos que ademais de escritor, foi cineasta, autor de fermosas películas como Moolaade, que a ver se poidéramos conseguir para a biblio. Entretanto, aquí vos vai unha mostra:

2 comentários:

Anônimo disse...

"Moolaadé" é doada de conseguir, pois foi distribuída en España e editada en DVD. Os outros filmes de Ousmane Sembène non, e as edicións americanas e francesas non adoitan contar con subtítulos en español ou portugués. Algunhas (pero poucas) edicións da "Médiathèque des Trois Mondes" (http://www.cine3mondes.com/) si teñen rótulos en español, por exemplo "La petite vendeuse de soleil + Le franc", de Djibril Diop Mambéty, que son moi moi recomendábeis para rapaces duns dez, doce anos.

farangulha disse...

obrigadas pola informaçom.