22.6.08

de Europa e de retornos


Na presentación que preparamos sobre Senegal, puxemos imaxes da Illa de Goreé, centro de internamento de escravos en Dakar, e imaxes da PORTA SEN RETORNO, da cal partían os escravos para non volver ver a súa terra.
Hoxe o conto é distinto, pero no fondo o mesmo: O Parlamento Europeo ven de aprobar unha nova directiva, chamada casualmente DO RETORNO, que permite a repatriación inmediata das persoas inmigrantes, sen atención legal, e a súa retención, tamén se apoio legal, até durante 18 meses. Esta medida está a ser contestada en múltiplos espazos, algúns tan chamativos como a presidencia do goberno de Bolivia, dos que a rede é unha boa mostra. Tedes opinións en brétemas, sihomesi, periodistas21, altermundo, juegodetronos, africanidades e moitos máis. Deste último chegamos á Arxentina, de onde chega unha reflexión que comeza así:

Desde hace 5 siglos las Américas han absorbido a decenas de millones de europeos. Incluso, después de expulsar a las coronas europeas, el nuevo mundo siguió recibiendo inmigrantes del viejo mundo que huían de crisis, guerras y persecuciones.

Hoxe nós pechámoslles as portas. O caso é impedir a volta a quen a desexa e a permanencia a quen a necesita...

20.6.08

de danzas e djembes 2




E fixemos o obradoiro. Houbo menos participantes dos anotados inicialmente debido a imponderables do tempo [a praia chamaba máis], pero aquelas que participamos pasámolo en grande e estamos dispostas a repetir.
As persoas que participaron no Obradoiro de Percusión poideron aprender algúns ritmos básicos partindo do djembe e compreender a filosofía desta música, levados da man de Bilal.
As que participaron no Obradoiro de Danza Africana tamén deron cos movementos máis básicos desta disciplina e prepararon unha pequena coreografía, orientados por Cristina.
Ao final, xuntanza dos dous grupos e combinación das mútuas aprendizaxes: uns tocaban outras bailaban. E todos celebramos a nosa arte brindando con bissap -infusión lixeira a base de hibisco e menta.
Un breve vídeo de mostra dos primeiros pasos. en próximos días, a danza final.

17.6.08

DE DANZAS E DJEMBES




O venres 20 de Xuño o IES da Illa de Arousa vai vibrar ao son dos ritmos africanos. Para iso contamos con un percusionista senegalés e unha profesora de danza formada en Senegal. Con esta actividade lúdica rematamos as actividades que foron programadas para este curso e nos despedimos así dun ano no que nos fomos adentrando na cultura senegalesa e coas que disfrutamos moito.


E para ir quentando motores poñemos esta animación de Erica Russell,que xa invita a bailar.


16.6.08

revista de fin de semana 2.




No magazine, suplemento do Faro de Vigo, reportaxe fotográfica de Sebastiao Salgado, sobre Okavango, dentro da serie de fotografías Xénese, que conta con outros dous capítulos adicados a África.
Aproveitando, habedes de saber que na Biblioteca do IES temos á vosa disposición o libro África, deste mesmo fotógrafo, acompañado de textos do escritor mozambicano Mia Couto.

E hoxe, no El País, unha reportaxe sobre os beneficios que as persoas inmigrantes aportan á economía española. Para que despois digamos que nos rouban o traballo...

onde non cheguemos os galegos...


Aquí hai un avance do documental O rei galego de África. Xa estamos agardando para velo.

12.6.08

Coñece África




Na biblioteca do centro, unha exposicón con traballos do alumnado sobre os países e os grandes biomas africanos.

10.6.08

revista de prensa 3.


Hoxe no El País unha reportaxe sobre cooperación ao desenvolvemento e xénero ou sobre por que é mellor entregar a axuda ás mulleres.

9.6.08

revista de fin de semana



Esta fin de semana unhas notas dos xornais que nos poden interesar sobre inmigrantes de hogano [eles]:
  • No EPS, unha reportaxe sobre o traballo da ONG NIMBA para facer chegar a realidade das mortais viaxes en patera e a situación das persoas inmigrantes en España ás poboacións africanas.
  • No Faro de Vigo aparecía unha entrevista a un historiador, non lembramos o nome, que contaba dos emigrantes de antano [nós]. Non o localizamos na edición dixital, mais no ies o teremos na edición en papel.

8.6.08

De castros e aldeas





O pasado 20 de Maio o alumnado de 1º da ESO foi de visita a Cuntis. Despois de traballar durante o curso as culturas prehistóricas e de ter feito algunha actividade especial co departamento de historia, foron coñecer a escavación de Castrolandín. E resultou que ali descubriron que todos vimos de África, pois tamén visitaron a exposición Onde as rúas non teñen nome, sobre unha expedición arqueolóxica a Manjäre, na Etiopía, na que os investigadores do CSIC encontraron moitas semellanzas entre a forma de vida nas montañas etíopes e a vida castrexa. A crónica, proximamente, aquí.

3.6.08

de dornas e caiucos


No último número da revista Dorna, que edita a Asociación Cultural e Deportiva Dorna, da Illa de Arousa, podedes encontrar un artigo de Abdoulaye Bilal Traoré sobre embarcacións tradicionais senegalesas. Acompaña o artigo dun poema.