29.5.08

XO! AO RACISMO

Nesta pubicacion da editorial A Nosa Terra temos un comic feito por distintos autores con imaxes e textos sobre o racismo. Un material moi interesante e imprescindible para traballar a través do humor o racismo nas aulas.


28.5.08

Ataques xenófobos en Sudáfrica

Elroto ve o tema así.

revista de prensa 2



Boas novas e malas novas ou, doutra maneira, como o traballo acaba por ser recoñecido e como non hai que ser branco para ser racista. Máis información aquí, aquí e aquí.

27.5.08

revista de prensa


Dúas novas hoxe no El País relacionadas co que nos contou Berta Segovia na mesa redonda da semana pasada: a chegada dun novo caiuco ás Canarias; e os planos do goberno español para blindar esa vía de entrada ao tráfico de seres humanos. Será esa a solución?

22.5.08

Mesa redonda sobre cooperación





Este martes, 20 de Maio, pasamos a tarde nunha actividades especial: contamos coa representación de tres ONGd's, que viñeron contarnos o seu traballo. A actividade tivo lugar no Salón de Plenos do Concello.
Quixemos contar coa representación de entidades que traballasen aquí, na Galiza, dando atención á poboación inmigrante; ao mesmo tempo queríamos escoitar a algunha entidade que levase proxectos de desenvolvemento no Senegal.

Berta Segovia contounos o labor que desenvolve CRUZ VERMELLA de Pontevedra desde o seu Programa de Inmigrates e Refuxiados.
Contounos que Cruz Vermella atende ás persoas inmigrantes, teñan papeis ou non, ofrecéndolles servizos de información e asesoramento integrais, é dicir, atendendo a todos os campos: legal, económico, social. Tamén nos contou que as persoas inmigrantes tamén piden axuda para volver ao seu país, ou para traer aquí ás súas familias. Berta destacou que a integración non debe ser das persoas inmigrantes na nosa sociedade, senón mutua entre o pobo de acollida e o grupo que chega. Vimos tamén un pequeno vídeo sobre a chegada de inmigrantes ás costas canarias.
Mónica Pereira falounos dos programas que Asemblea de Cooperación Pola Paz desenvolve en Senegal. A súa ONG traballa nunha rexión que acaba de pasar por unha guerra [Casamanza] e o que fan e colaborar con unha contraparte local para recuperar a zona e evitar que a mocidade teña que emigrar. O seu traballo ten carácter integral, atendendo aos campos da produción económica [apoio a cooperativas], educativo, sanitario e de desenvolvemento da sociedade civil [apoio a asociacións].
Finalmente, Abdoulaye Traore, senegalés, veunos contar do labor de dúas asociacións pontevedresas: a Asoc. Multicultural SINFRONTERAS e a Asociación Senegalesa de Pontevedra DIOCO. As dúas entidades prestan especial atención á necesidade de mellorar a autoestima das persoas inmigrantes. Abdoulaye achegounos a experiencia da inmigración pois puido contarnos de primeira man cales son as súas ansias e problemas. Explicou que un dos grandes obstáculos que teñen os seus compañeiros é o idioma, que lles dificulta a comunicación. Cre moi importante que nós coñezamos a cultura senegalesa. Pensa que as persoas inmigrantes son descoñecidas e precisan ser coñecidas. Ao final pediunos que reflexionásemos sobre as razóns que poden levar a alguén a arriscar a súa vida nunha viaxe de 800 kms. en inestábeis barcos de madeira.

Como actividade previa, repartimos a todo o alumnado e limos nas aulas este documento sobre a Cooperación para o Desenvolvemento.

Teatro-forum



O pasado 7 de maio o noso alumnado de 1º da ESO puido participar na actividade de Teatro-Forum, que a ONG Asemblea de Cooperación Pola Paz nos ofreceu dentro do seu programa Escolas sen Racismo.
A actividade consistía na posta en escea, por parte de dous actores, de pequenos lances que tiñan a súa base en conflitos habituais na vida cotiá. Nenos e nenas podían interromper o desenvolvemento para alterar a trama das situacións, modificando actitudes das personaxes representadas. Foron tratados temas como o racismo, as relacións escolares, o acoso...
Organizámolo en dúas sesións, para que o grupo non fose excesivamente grande.
Estas son algunhas das conclusións recollidas das dúas sesións:

O ser rico ou pobre e o factor de raza teñen mais peso que a mesma condición de inmigrante.

Ø O racismo non serve para nada.

Ø Os inmigrantes: “depende a que veñen”.

Ø Desde que hai mais inmigrantes, aumentaron os secuestros de meniñas e meniños.

Ø Os futbolistas non se lles di nada, dependendo se son do noso equipo ou non.


10.5.08

TOUBAB

Creo que a estas alturas non está de máis facer unha breve explicación do que é un toubab, porque non todos coñecemos o wolof (idioma de senegal e outros paises de África do oeste). Orixinalmente significou doutor, porque na época colonial os brancos que estaban alí eran médicos. Mais tarde toubab pasou a ser sinónimo de xente branca. Esa extraña tribu que nos paseamos de vez en cando por Senegal de visita e aos cales teñen un respeto absoluto
Pois se tedes a sorte de poder visitar Senegal, toubab é unha palabra que escoitaredes moito, porque é así como nos chaman aos blancos europeos. E non é que o utilicen nun senso racista, sería como aquí dicir negro, depende todo do tono en que se utilice.
Así cando vas paseando polas calles dos barrios de Dakar ou nos pobos e moi habitual ver os nenos sorindo e dicindo toubab, toubab.....

E aquí vai un video rapero que fala dos toubab e que creo que aos racistas non lles gusta moito. A disfrutalo...

6.5.08

Negros e albinos



Hoxe no diario El País unha breve reportaxe sobre a realidade das persoas de raza negra albinas: ou de como unha persoa pode ser discriminada por ser branca.

Mécores, 7 de maio [actualización].

Cóntanos ajarotu que o grande cantor malinés, Salif Keita, é albino, razón pola cal sufriu moito durante a súa infancia: a súa cor era considerada símbolo de mala sorte polo pobo mandinga. Ademais, Salif quixo ser músico, pero a súa familia consideraba esa profesión indigna da súa clase: descía directamente dun rei do Imperio de Mali, Sundiata Keita. Con todo e iso, Salif Keita dános cancións como esta:




4.5.08

Dúas Áfricas no fin de semana...




Na prensa desta fin de semana duas reportaxes sobre dúas Áfricas: no EPS, suplemento dominical do El País, unha sobre unha misión relixiosa en Serra Leoa, o país mais pobre de África; no Magazine, suplemento do Faro de Vigo, unha sobre a importancia da música no Senegal. As dúas interesantes; as dúas complementarias; as dúas desde mañá na biblioteca do IES.