22.6.08

de Europa e de retornos


Na presentación que preparamos sobre Senegal, puxemos imaxes da Illa de Goreé, centro de internamento de escravos en Dakar, e imaxes da PORTA SEN RETORNO, da cal partían os escravos para non volver ver a súa terra.
Hoxe o conto é distinto, pero no fondo o mesmo: O Parlamento Europeo ven de aprobar unha nova directiva, chamada casualmente DO RETORNO, que permite a repatriación inmediata das persoas inmigrantes, sen atención legal, e a súa retención, tamén se apoio legal, até durante 18 meses. Esta medida está a ser contestada en múltiplos espazos, algúns tan chamativos como a presidencia do goberno de Bolivia, dos que a rede é unha boa mostra. Tedes opinións en brétemas, sihomesi, periodistas21, altermundo, juegodetronos, africanidades e moitos máis. Deste último chegamos á Arxentina, de onde chega unha reflexión que comeza así:

Desde hace 5 siglos las Américas han absorbido a decenas de millones de europeos. Incluso, después de expulsar a las coronas europeas, el nuevo mundo siguió recibiendo inmigrantes del viejo mundo que huían de crisis, guerras y persecuciones.

Hoxe nós pechámoslles as portas. O caso é impedir a volta a quen a desexa e a permanencia a quen a necesita...

Nenhum comentário: