Unha das actividades realizadas o ano pasado tivo por protagonista a música e a lingua inglesa. O alunado de segundo descubriu o mundo dos instrumentos tradicionais senegaleses desde o inglés; despois tivo que preparar umha presentacións dos instrumentos tradicionais galegos para lles enviar aos compañeiros do CEM HANN. Entre leitura e escritura, escoitamos unha canción africana.
O grupo valora volve ás andadas co comezo de curso. Xa temos pensadas novidades que vos iremos contando aquí. Porén, imos amodiño, porque estamos contaxiadas do ritmo africano e en Dakar non comezan a escola até Outubro.