27.2.08

Botamos a navegar


Un grupo de persoas do IES Illa de Arousa pensamos na posibilidade de achegarnos a outro lugar, lonxe de nós, coa intención de coñecelo e darnos a coñecer. Queríamos que o noso alumnado aprendese a valorar as culturas diferentes da propia desde o autocoñecemento.
Ao final optamos por dirixir os nosos sentidos todos ao Senegal.
Para iso preparamos un proxecto que presentamos á convocatoria do
Plan Valora da Consellaría de Educación. Levamos un dos premios!
Desde este trimestre estamos a desenvolver as actividades que propuxemos, e que se estenderán ao longo de dous cursos académicos.
Saberemos máis do Senegal cando acabe esta viaxe? Nós estamos convencidas de que si.

Kasumai!!

Um comentário:

Anônimo disse...

esta é unha proba para ver se navegamos bem.