22.7.08

E ti que comes?





Unha das actividades feitas durante este curso pasado estaba relacionada coa comida. Porque as persoas seremos todas diferentes e estrañas, pero ao final, todas temos fame e gostamos de levar un bo xantar á boca.
Así que en clase de Francés, o alumnado de 2º da ESO coñeceu un dos pratos reis da cociña senegalesa, o tie-bou-dienne, aprendendo léxico relacionado coa alimentación e a maneira de escribir instrucións.
A base do tie-bou-dienne é o arroz, que se prepara con verduras variadas e carne de cordeiro. unha delicia.

E despois o segundo paso: enviarlles aos nosos amigos e amigas do CEM Hann receitas culinarias desta parte do mundo. Por se queren aprender a cociñalas. Xa van camiño de Dakar.

Por certo, xa que andamos nisto dos xantares, sabede que esta fin de semana na Arousa, se celebra a Festa da Navalla.

Nenhum comentário: