11.4.08
Binta e a Grande Idea
Binta e a Grande Idea e unha curtametraxe elaborada por Javier Fesser, en Casamance no sur de Senegal. Esta é unha das 5 historias que compoñen a pelicula "En el mundo a cada rato", producción de TUS OJOS e Pendelton, cuios beneficios están destinados a programas de UNICEF.
Cando descubrimos esta curtametraxe pareceunos imprescindible introducila como unha das actividades iniciais do noso proxecto. Acompañamola dun cuestionario no que o alumnado faría unha valoración do que se mostra sobre Senegal e as súas xentes.
Estamos moi contentos de poder disfrutar desta maravilla cinematográfica na que a través dos ollos dunha nena, Binta; de 7 anos e o seu pai, unha mostra exemplar da humanidade dos africanos, nos levan nunha maravillosa viaxe por este pequeno pobo e as suas xentes, ata unha realidade cotiá das xentes de Africa, a sua visión positiva do mundo e a preocupación pola perda de valores e consecuencias do desenvolvemento das nosas sociedades.
En realidade todos estamos convencidos de que o pai de Binta ten unha grande idea ao pensar que un "toubab", un blanquito europeo, podería aprender moitas cousas en África...
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Um comentário:
Kasumai Kept!
Boas; son Estela, escribo en nome do UNICEF Galicia. Só quería felicitarvos por esta iniciativa, a verdade e que da gusto ver un blog cun contido como este.
Espero que nos podamos ver moi pronto, e noraboa a todas/os os que estades currando para que o mundo sexa un pouquiño mellor.
Bicos
Postar um comentário