12.4.08

cooperación?

Elroto é un dos debuxantes do diario El País. As súas viñetas diarias son un golpe de ironía dado directamente nas nosas consciencias. A de hoxe ten que ver co noso proxecto.

5 comentários:

Anônimo disse...

non entendo porque a paxina esta en portugues...
Non esta mal a idea pero como dicides ai a xente da illa non somos unhas persoas k rexeitamos as do exterior.
a tendencia do profesorado e a pensar mal dos alumnos e a dicir que somos uns "animaliños" (palabras textuais dun profesor/a) e iso a min persoalmente ofendeme xa que xeneralizar e propio do racismo (que non digo que sexa o caso) que aqui receitades.
Dito isto, as intencions son perfectas.

grazas


anónimo

farangulha disse...

Kasumai!
Benvid@ ao noso blog!

Todos os textos do noso blog están en galego. Outra cousa son os catro elementos [data, e pouco máis] propios do formato do blogger. Nese caso escollemos a opción do portugués porque o blogger non admite a opción de galego e, ás persoas que xestionamos o blog a lingua irmá nos resulta mais comprensíbel que o inglés [desculpa a nosa ignorancia].

Co respecto ao segundo parágrafo do teu comentario, supoñemos que te refires ao texto de inicio da xustificación do noso proxecto. Como o último que pretendemos é ofender a ninguén, pensamos que é bo explicarnos, aínda que leve un cacho:

No proxecto diferenciamos actitudes de persoas, o que as persoas son daquilo que mostran ou fan: non dicimos que o noso alumnado sexa racista, senón que, e aclaramos, EN XERAL, ten certas actitudes de rexeitamento, manifestadas sobre todo a nivel oral, en forma de comentarios despectivos sobre minorías, estranxeiros, inmigrantes. Especificamos o de xeral porque, evidentemente, non son todas as persoas que van ao IES, nin teñen ese tipo de actitudes todos os días e a todas as horas, nen sequera son conscientes en moitas ocasións, pero observamos comentarios o suficientemente a miúdo como para ver a necesidade de reflexionar e traballar sobre o tema.
É por iso que falamos do alumnado da ILLA e non de toda a adolescencia mundial, porque nós con quen traballamos é co arousán, non con todo o planeta.

En segundo lugar, en absoluto pensamos que o noso alumnado está composto por "animaliños". Se tal pensásemos, nin nos plantearíamos levar a cabo este programa, para qué? Un animal dómalo, pero non o educas. Nós cremos que o que temos ante nós son persoas, coma nós, e cremos que o noso labor é colaborar para a súa educación. Esta inclúe procurar disminuir actitudes discriminatorias se as detectamos. E sentímolo, pero si as detectamos.

Por último, as persoas que integramos este grupo non cremos que a adolescencia teña caído do ceo, ou aparecido da nada. Pensamos que se a mocidade é como é, en particular e en xeral, para ben e para mal, é porque ten adultos arredor que a forman e a educan para ser dunha maneira e non de outra. E este proxecto pon de manifesto que QUEREMOS exercer a nosa responsabilidade como persoas adultas: parécenos que o noso alumnado pode ter actitudes máis solidarias, pero en vez de queixarnos e rosmar do malo malísimo que é, puxémonos a traballar para mudar unha situación da que non gostamos. PORQUE É O NOSO DEBER COMO EDUCADORAS.

Agardamos que estas explicacións sirvan para que non te sintas molest@ con nós e, en todo caso, reiteramos que non pretendemos ofenderte.

Anônimo disse...

:-). Grazas polas explicacions!!
Pillei perfectamente a indirecta do primeiro paragrafo... ingnorancia a miña xa que non coñecia as propiedades lingüisticas do blogger.
Teñen que entender que unha persoa do IES que non se considera nin moito menos racista (todo o contrario) lea iso acerca do alumnado que non vai dacordo coa sua personalidade se sinta afectado.
Volvo a dicir que o de "animaliños" son palabras textuais dun membro do profesorado que non quero nin debo nomear, E dicir non son invencions miñas. Ademais digoo porque e de un membro, so de un, ao que eu escoitei iso, xa que en xeral e a quen eu CREO que esta a facer esta páxina as actitudes con respecto a ese tema son distintas ( moi distintas ).

Non as molesto máis que seguro que teñen mellores cousas que facer. :-D

Moitas grazas pola sua inesperada resposta e aclaración.


anónimo

Anônimo disse...

Por certo creo que deben promocionar mais esta paxina entre o alumnado xa que se non estou mal informado... son a unica perosa que comentou... :-|

farangulha disse...

En todo caso, e xa para rematar, ten en conta que o programa está dirixido a toda a comunidade educativa: tamén o profesorado pode [e debe] aprender moitas cousas sobre o respecto e a non discriminación. E nós agardamos que iso aconteza...