22.7.08

E ti que comes?





Unha das actividades feitas durante este curso pasado estaba relacionada coa comida. Porque as persoas seremos todas diferentes e estrañas, pero ao final, todas temos fame e gostamos de levar un bo xantar á boca.
Así que en clase de Francés, o alumnado de 2º da ESO coñeceu un dos pratos reis da cociña senegalesa, o tie-bou-dienne, aprendendo léxico relacionado coa alimentación e a maneira de escribir instrucións.
A base do tie-bou-dienne é o arroz, que se prepara con verduras variadas e carne de cordeiro. unha delicia.

E despois o segundo paso: enviarlles aos nosos amigos e amigas do CEM Hann receitas culinarias desta parte do mundo. Por se queren aprender a cociñalas. Xa van camiño de Dakar.

Por certo, xa que andamos nisto dos xantares, sabede que esta fin de semana na Arousa, se celebra a Festa da Navalla.

17.7.08

de dornas e caiucos 2



O primeiro paso para respectar as culturas alleas é ter coñecemento, amor e respeito pola propia. Na Arousa non haberá problema. Porque aí temos a Salva e Lino de protagonistas en Brest, representando o relevo xeracional no mundo da cultura marítima galega. As fotos son de vieiros.

14.7.08

a polo ghit 08


Pulpiño Viascón lembrouse das persoas inmigrantes na canción coa que participa no Apologhit, concurso musical organizado polo Xornal vieiros e a Radio Galega. Votemos para que sexa esa a canción galega do verán. Entretanto, o video da canción coa que gañou hai dous anos.

sereas negras no mar



Despois do acontecido nas costas do sur durante a semana pasada, colle sentido a suxerencia que Bilal nos fixo cando veu a mesa redonda: que meditemos nas razóns que poden levar a unha persoa a arriscar a súa vida e a dos seus fillos nunha viaxe tan perigosa. En que mundo vivimos?

6.7.08

revista de fin de semana 3.


No EPS deste domingo, unha reportaxe da que podemos sacar moito partido: fala da xeración i, é dicir, da primeira xeración multicultural no noso país.

1.7.08

de mugabes e ditaduras


Cimbabue ven de proclamar presidente a Robert Mugabe ou bem Mugabe ven de autoproclamarse presidente de Cimbabue. Tedes información sobre a situación neste país aquí, aquí, aquí. En africanidades resumen unha breve reflexión de France Press sobre os moitos Mugabes que hai en África.