No portal edualter están dispoñíbeis guías didácticas sobre películas desde as que podemos traballar temas e valores ligados aos obxectivos do noso programa:
- Cartas de Alou, de Montxo Armendáriz, historia dun inmigrante senegalés en España.
- Saïd, de Llorenç Soler, aventuras dun inmigrante magrebí en Barcelona.
- Moolaadé, de Ousmane Sembene, autor do que xa vos contamos aquí, película que narra o conflito creado nunha aldea de Senegal porque unha veciña, Collé Ardo, protexe a catro nenas para que non sufran a ablación.
- Madame Brouette, de Moussa Sene Absa, que nos conta de Matí, unha muller que, nun barrio de Dakar, acaba de matar ao seu home.
- O Xardineiro Fiel, de Fernando Meirelles, historia do asasinato de Tessa Quayle, activista que denuncia as malas prácticas dunha multinacional farmacéutica en Kenia.
Falounos Amancio de outra película de interese para nós, Días de Gloria, de Rachid Bouchareb. Conta a historia de catro amigos senegaleses que van loitar á primeira guerra mundial co exército francés. O seu autor é o mesmo de Little Senegal, que conta da visita que un senegalés fai á súa familia americana. De Martin Pawley chegounos a suxerencia de visionar algunha obra de Djibril Diop Mambéty. Como non encontro guía didáctica para ningunha delas, teremos que facela nós: aquí temos unha axuda.
Eis os trailers dalgunha das películas:
Eis os trailers dalgunha das películas:
Um comentário:
No CGAI levan uns meses cunha sesión mensual de cinema para nenos, e nelas danche unha ficha didáctica sobre cada filme. "A pequena vendedora de Sol" de Djibril Diop Mambety proxectárona hai un par de meses. Recoméndoche que contactes con Mónica García, do CGAI, para que che conte: http://www.cgai.org/index.php?seccion=presentacion.php
Postar um comentário